Fabricación

En Crisol todo o proceso de fabricación é 100% artesanal.

A aleación dos metais, o laminado, estirado, soldadura, engaste e pulido son os pasos que convertirán a materia prima utilizada na xoia deseñada.

O proceso produtivo comeza co desenvolvemento da idea e o boceto da peza para continuar coa elección dos materiais que se van utilizar na súa elaboración.

Despois de realizada a aleación e fundido dos metais, elaborarase cada unha das partes que conforman a peza e que unha vez rematadas, se ensamblarán para conformar a xoia definitiva.

De ser o caso, engastaranse as xemas ou pedras que formen parte do deseño e, por por último, pulirase a peza ata conseguir un perfecto acabado.

Reparación e restauración

Poñemos ó servizo do cliente a nosa experiencia en todo tipo de composturas, arranxos, mantemento e reforna de xoias:

  • Aumento ou reducción de medida de aneis.
  • Reforzado de xoias desgastadas.
  • Soldaduras.
  • Substitución de pedrería.
  • Baños de rodio.
  • Emparellado de pendentes.
  • Engarzado de moedas.
  • Enfilado de colares e pulseiras.
  • Modificación ou reforma de pezas.
  • Renovación ou actualización de xoias anticuadas, rotas, desparelladas ou que simplemente deixaron de gustar. Utilizando ese mesmo metal e incluso as pedras, nace unha xoia totalmente distinta, actualizada e, sobre todo, a gusto do cliente.
  • Catálogo de xoias de deseño propio
  • Alianzas para voda
  • Aneis de compromiso

Deseños personalizados

Deseña, personaliza ou modifica as túas xoias.

Trae a túa idea ou un boceto desa xoia que sempre soñaches e farémola realidade.

Se o desexas tamén podes inmortalizar ese momento especial, esa data inesquecible ou ese acontecemento importante para ti convertíndoo nunha xoia.

Neste proceso podes participar vendo os pasos intermedios da nova creación para asegurarnos de que será a xoia que ti queres. Poderás facer cambios e axustar todos os detalles para que o resultado final te sorprenda.

logo crisol v9 t

Diferénciate!

Xoias únicas para persoas únicas.